/CARACTERÍSTICAS

1# DOURADA PAMPEANA, A RITMO DE MURGA

Enérxica, lixeira e moi refrescante. Tómate un tempo para apreciala. 

Cor entre dourada brillante e ámbar: A combinación de maltas mais pálidas, como son as maltas pilsner, con outras maltas caramelo, aporta á cervexa un cor atractivo e intenso e un corpo medio-baixo con moi alta tomabilidade.

Mediante unha maceración adecuada, así como o repouso e maduración en frío, conseguimos a precipitación de moitos compoñentes e a súa clarificación, facéndoa mais lixeira e atractiva para o noso paladar evitando o uso de clarificantes químicos.

Percibe os seu sabor afroitado, aportado polos lúpulos de carácter cítrico e refrescante que empregamos no proceso: Citra e Cascade.

Estes lúpulos, xunto aos lévedos seleccionados, aportan á nosa cervexa este sutil perfil afroitado equilibrado coa dozura das maltas.

2# JUICY IPA, A RITMO DE GUAGUANCÓ

Saborosa, afroitada, tropical e intensa. Trago suave e sedoso grazas ao emprego de avea na súa elaboración.

Amargor presente, sen astrinxencia grazas ao uso de lúpulos con baixa cohumulona e á utilización deles na última fase do proceso.

Percibe o aroma e sabor marcadamente tropical e o seu carácter refrescante grazas aos lúpulos Mosaic, Simcoe e Citra.

Agora pensa que estás bebendo un produto natural, sen ningún químico engadido, con maltas ecolóxicas, un produto de proximidade, sen centos ou miles de kilómetros na mochila, elaborado por xente coma tí que disfruta traballando no que mais lle gusta facer.

As nosas cervexas teñen a burbulla propia da carbonatación natural na botella, sen procesos de filtrado ou pasteurizado.

O gas da nosa cervexa é froito da refermentación no seu interior, o cal tamén aporta á cervexa as propiedades características do consumo dos propios lévedos.


>> COMPRAR ALEALÉ