/ILUSTRACIÓNS

Dende 2018 contamos cun novo membro da familia AleAlé.

Zesar Bahamonte, músico e ilustrador, artista urbano e nómada. A súa obra vincúlase a movementos sociais e culturais relacionados coa autoxestión. As súas pinturas sembran de cor as rúas de Montevideo, Barcelona, Sevilla, Bogotá, Tel Aviv e moitos outros lugares, e agora tamén as nosas cervexas.

Contamos tamén coas mans e cabezas doutros artistas e deseñadores/as e grandes amigos e amigas que axudaron a construir receitas e sabores e os espacios que habitamos. Elas nos motivan e comparten con nós os mellores momentos. Elas son parte desta gran familia case mais que nós mesmas. Podemos comezar polas amigas catalanas que compartiron con nós os primeiros pasos, tamén as xentes de Uxes e ir dende ahí ata o Val Miñor e a Comarca de Ortegal pasando por Bergondo e chegando aos montes bercianos.

Gracias familia!