/NÓS

En AleAlé fabricamos cervexas naturais e honestas, vivas, sen aditivos ou conservantes.

QUERES SABER MÁIS SOBRE NÓS?

A historia deste proxecto comeza en 2011 en Cataluña, nunha masía do século XVI e as súas terras. Por entón dimos os nosos primeiros pasos no apaixoante mundo das fermentacións. Por sorte para nós o grande Steve Huxley comezou a visitarnos asiduamente. De feito, este tipo desobediente e de corazón cervexeiro, autor do libro para cervexiáfilos “A cervexa, poesía líquida”, soubo inculcar o amor pola cervexa a medio mundo e estámoslle tremendamente agradecidas. Saber mais.

Sen embargo a masía e as terras estaban sufrindo un proceso especulativo forte… O proxecto rematou, e nós reinventámonos.

DE VOLTA Á TERRA

Facer cervexa é un reto permanente que nos permite vivir facendo o que máis nos gusta e tomar as decisións sobre a ética e calidade da nosa actividade polo que, a pesar das dificultades, houbo que perseverar.

Foi preciso pasar moitas horas no garaxe, adecuar pequenos espazos para as fermentacións e voltar aos fogóns para que… ¡voilá!, as primeiras receitas galegas viran a luz en Bergondo.

Fomos paulatinamente profesionalizándonos, adquirindo mais coñecementos técnicos e estudiando máis en profundidade a química da cervexa.

Por entón comezamos a pensar que precisaríamos un espazo mais adecuado, mais amplo e con posibilidades para realizar actividades e almacenaxe e chegamos a Uxes onde convertimos unha antiga carpintería nun espazo para de elaboración de receitas, de conservación e almacenaxe gracias ás súas temperaturas estables e pouca exposición á radiación solar.

ALEALÉ, UNHA CERVEXA NÓMADA

¿O seguinte paso? Buscar unha microcervexaría onde elaborar as nosas propias receitas mentres seguíamos dando forma a un equipo propio. Así xurde a primeira AleAlé.

A día de hoxe AleAlé é un proxecto nómada, que fai uso doutros obradores para dar saída ás súas ideas, de forma que apoia outros proxectos cervexeiros que amplían a cultura e variedade deste produto ao tempo que propón un produto de proximidade, ecolóxico e de altísima calidade e mellor sabor.